O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo visita AFAGA Alzhéimer

  • O Centro de Día Especializado en Alzheimer ‘Vigo-Beiramar’ é o primeiro centro da rede pública que se abriu en Galicia.

O presidente de AFAGA Alzhéimer, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, recibiu esta mañá a visita do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, nas inmediacións do Centro de Día especializado en Alzhéimer ‘Vigo-Beiramar’.

Este centro, que carece dun patio exterior, está situado no medio da zona portuaria, polo tanto, o presidente de AFAGA Alzhéimer, entre outras cuestións relacionadas coa relación entre as necesidades do centro de día e o porto, aproveitou a visita plantexar a posibilidade de habilitar un espazo ao aire libre para o uso de todos os cidadáns, e que deste xeito permita dar un aire aos usuarios do centro para que o utilicen como zona de lecer.

Nesta ocasión, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez tamén explicou as dinámicas de traballo levadas a cabo polos profesionais do alzhéimer de AFAGA, as principais características e a resposta que deron durante a pandemia, xa que o Centro de Día Especializado en Alzhéimer ‘Vigo-Beiramar’ foi o único na área sanitaria de Vigo que se mantivo aberto continuamente en pleno confinamento e, así, deu resposta ás necesidades dos usuarios, incluso realizando intervencións nos fogares.

O Centro de Día Especializado en Alzhéimer ‘Vigo-Beiramar’ é o primeiro centro da rede pública que abriu en Galicia.

juan carlos rodriguez presidente afaga alzheimer recibio visita presidente autoridad portuaria de vigo 3
Presidentes de AFAGA e da Autoridade Portuaria no Centro de Día Especializado en Alzheimer 'Vigo-Beiramar'

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio