AFAGA Alzheimer organiza obradoiros prácticos para coidadores familiares de persoas con demencia dentro do seu programa de Actividades Socioeducativas e terapéuticas para Familias 2021/22
AFAGA Alzheimer organiza unha serie de obradoiros prácticos dirixidos a coidadores familiares e familias de persoas con demencia. Todos están programados para as dos primeiras semanas de xuño e son os seguintes:
Obradoiro práctico: “Exercicio terapéutico para o benestar físico das persoas coidadoras”
O obxectivo é traballar exercicios prácticos para que as persoas coidadoras de familiares con demencia poidan coidar da súa saúde e o seu corpo neste rol de coidador/a.
- Fecha: 1 de xuño de 2022
- Horario: 17:00 a 19:00 horas
- Lugar: Centro Integral de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior).
- Imparte: Vanesa López Miguens (Fisioterapeuta en AFAGA Alzheimer)
- Custe solidario: 5€ para persoas socias e 10€ para persoas non socias
INSCRICIÓN OBRIGATORIA chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com
Obradoiro práctico: “Activación muscular e estratexias prácticas para a movilización diaria das persoas dependentes”
O obxectivo é ensinar exercicios prácticos ás persoas coidadoras para que poidan realizar unha activación muscular e as movilizacións e trasferencias dos seus familiares con demencia de forma óptima e segura para ambos/as.
Fecha: 8 de xuño de 2022
Horario: 17:00 a 20:00 horas
Lugar: Centro Integral de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior).
Imparte: Fisioterapeuta en AFAGA Alzheimer
Custe solidario: 5€ para persoas socias e 10€ para persoas non socias
INSCRICIÓN OBRIGATORIA chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com.