Novo punto de información sobre alzhéimer en Ponteareas

AFAGA asinou un convenio co Concello de Ponteareas para poñer en marcha unha oficina na que se ofrece información sobre alzhéimer e outras demencias.

afaga alzheimer convenio ponteareas 1

O Concello puxo a disposición de AFAGA unha sala no segundo piso do Centro Social, situado na rúa Oriente da localidade para desenvolver esta iniciativa. Este punto de información, que está aberto ao público  un mércores cada quince días, xa funciona desde o 1 de xuño- en horario de 17.00 a 19.00 horas.

O obxectivo é informar e axudar neste ámbito á veciñanza de Ponteareas e das comarcas de Condado e Paradanta.

Tras a firma, o alcalde da localidade, Xosé Represas, destacou: “Estamos encantados de asinar este convenio de colaboración con AFAGA porque entendemos que xa era necesario atender esta necesidade tan patente no noso Concello. Esperamos  que de aquí en diante esta cooperación se  incremente con outro tipo de accións e achegar así máis este tipo de servizos aos nosos veciños e veciñas que padecen directa ou indirectamente este tipo de enfermidades”.

Red Paraguas Alzhéimer

A posta en marcha deste punto de información está financiado pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) dentro do Programa Red Paraguas Alzhéimer.

Máis información no teléfono de AFAGA: 986 22 97 97 ou no teléfono do Centro Social: 986 64 17 47

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio