Música, actuacións, entrega de diplomas e unha rica merenda foron os elementos principais da festa fin de curso dos talleres de estimulación cognitiva 2017, na que participaron os centros de Vigo, Tui, Mos, Nigrán e Salceda de Caselas.
Celebrouse o 27 de xullo no Auditorio do Pedregal, en Valladares (Vigo). Todos os asistentes pasaron unha divertida animada xornada.