AFAGA colabora nun programa de voluntariado interxeracional, ‘Sinerxia Xeracional. Compartindo experiencias de vida’, que inclúe actividades como faladoiros, lecturas, exercicios físicos, musicoterapia, instrumentos tradicionais, etc.

O obxectivo é que a xente nova e os maiores compartan experiencias e intercambien coñecementos. Persoas maiores de 55 anos poden compartir a súa maestría en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio e o turismo; e os mozos, de entre 16 e 35 anos, poden impartir nocións de dixitalización e tecnoloxías, por exemplo.

Esta novidosa proposta está dirixida a entidades de acción voluntaria, tanto locais como asociativas. Todos os proxectos están integrados por grupos interxeracionais e funcionan por un sistema de parellas, no que cada persoa voluntaria maior de 55 anos encargase de titorizar a un mozo.

AFAGA xa conta con experiencia en iniciativas coa xente maior de Mos como, por exemplo, o programa ‘Cultiva a Mente’ e participará tamén neste novo proxecto que se presentou hoxe coa participación da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro e Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA Alzheimer.

afaga alzheimer voluntariado interxeracional mos_1

afaga alzheimer voluntariado interxeracional mos_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 + 9 =