Novo Proxecto Interxeracional de AFAGA

AFAGA e o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui únense nun novo proxecto interxeracional

O proxecto ten como meta concienciar e involucrar a distintas xeracións na necesidade de cambio para a construcción dun mundo mellor, compartindo ideas e coñecementos.

O principal obxectivo é promover encontros interxeracionais entre os alumnos de 3º de educación primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui e usuarios do programa de prevención do deterioro cognitivo ‘Cultiva a Mente’ de AFAGA, nos que se realicen distintas actividades relacionadas con algún dos ODS2030.

Os ODS2023 (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) son os seguintes:

  1. Fin da pobreza
  2. Fame cero
  3. Saúde e benestar
  4. Educación de calidade
  5. Igualdade de xénero
  6. Auga limpa e saneamento
  7. Enerxía accesible e non contaminante
  8. Traballo decente e crecemento económico
  9. Industria, innovación e infraestructura
  10. Redución das desigualdades
  11. Cidades e comunidades sustentables
  12. Produción e consumo responsable
  13. Acción polo clima
  14. Vida submarina
  15. Vida de ecosistemas terrestres
  16. Paz, xustiza e institucións sólidas
  17. Alianzas para acadar os obxectivos

Para a realización destas actividades, establécense as seguintes metas:

• Crear espazos de participación entre os nenos de educación primaria e as persoas maiores de 55 anos inscritos no programa preventivo ‘Cultiva a Mente’.

• Combater o idadismo a través da cooperación entre distintas xeracións para a consecución dun obxectivo común.

• Favorecer a creación de vínculos afectivos entre os participantes.

• Estimular as distintas funcións cognitivas.

• Fomentar as emocións positivas e a sociabilidade.

• Dar a coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

• Concienciar sobre os problemas mundiais actuais e sobre a importancia dun cambio urxente.

• Fomentar o pensamento crítico, a creatividade e o traballo en equipo para mellorar como comunidade.

• Fomentar hábitos de vida e de comportamento máis sostibles, saudables e respectuosos co planeta e cos demais seres vivos.

Participan nesta iniciativa 20 usuarios do programa de prevención ‘Cultiva a Mente’ das parroquias de Pazos de Reis e Areas do Concello de Tui e 24 alumnos de 3º curso de educación primaria (8-9 anos).

Durante o transcurso do curso escolar, as profesoras do CEIP Plurilingüe nº1 e a encargada do programa ‘Cultiva a Mente’ de Tui concretarán unhas determinadas datas para os encontros. Todas elas terán lugar os mércores de 10:00h a 11:30/12:00h aproximadamente, e cunha periodicidade de 1 encontro cada mes e medio ou dous meses. Os encontros poderán ter lugar en distintos lugares dentro do concello de Tui dependendo da temática a tratar (Área Panorámica, instalacións do colexio, etc.).

O primeiro encontro xa tivo lugar e nel, nenos e maiores presentáronse mutuamente, crearon equipos de traballo e os máis pequenos fixeron entrega de invitacións personalizadas ós adultos para que asistan o III Congreso #ODS2030 que levará a cabo o colexio os días 8 e 9 de xuño no centro de Tui.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio