Hoxe tivo lugar a presentación dunha nova agrupación musical que nace da colaboración entre a Fundación Coral Casabranca e  Afaga Alzheimer. Trátase do coro ‘Os sons da memoria’, formado por persoas con alzheimer ou outra demencia e polos seus familiares. Este singular coro, que xorde por mor dun acordo entre a Fundación Coral Casabranca e a asociación  Afaga Alzheimer, arrinca con 18 integrantes diagnosticados cunha demencia e algúns dos seus familiares. Ademais, participarán tamén varios voluntarios da Coral que pertencen a outros coros.

Coro Los Sonidos de la memoria
Presentación do coro.

Os ensaios serán os mércores pola mañá nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo, e o único requisito para formar parte desta agrupación é padecer unha demencia  neurodegenerativa, non se terá en canta se cantan mellor ou peor.

Esta bonita iniciativa utilizarase de forma terapéutica, tanto para as persoas enfermas, como para os familiares,  polo que se trata dunha iniciativa social moi positiva, á vez que orixinal.

Na presentación celebrada hoxe no Club Náutico de Vigo estiveron presentes: Juan Carlos Rodríguez, presidente de  Afaga, Ignacio Pérez, presidente da Fundación Coral Casabranca, Óscar Villar, director musical da Coral, e Rafael Tapias, Presidente do Real Club Náutico de Vigo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

79 + = 81