Como todos os anos, desde Afaga Alzheimer queremos agradecer a participación de todas as persoas que nos enviaron os seus relatos. Algúns trataban sobre demencias, outros sobre a situación de confinamento que vivimos, e moitos fusionando ambos os conceptos, pero todos cunha gran calidade e humanidade. Con todo, hai que seleccionar un gañador e uns finalistas e aquí están os resultados:

Os membros do xurado do VI Concurso de Relatos Curtos sobre Alzheímer ‘Nun recuncho da memoria’ acordaron que a obra gañadora na categoría castelán é: ‘Memorias para oler’, escrito por Valeria Rey Maldonado. E o relato gañador na categoría galego é ‘ Avoíño’, escrito por Javier García Bello.

Pica aquí para ler ‘Memorias para oler’

Pica aquí para ler ‘Avoíño’

Ademais, hai tres relatos finalistas; nesta ocasión, na categoría castelán:

  • Emotividade: ‘Viaje a una vida’. Escrito por María José Segovia Román. 
  • Estilo: ‘Memorandum’. Escrito por José Antonio Pino Varens.
  • Originalidade: ‘Un cuento para Olivia’. Escrito por José Francisco Domínguez Torres.

Doutra banda, os finalistas na categoría galego son:

  • Emotividade: ‘A loita dun valiente contra a escuridade’. Escrito por Lucía Crespo Pensado.
  • Estilo: ‘Maruxa e o silencio da soidade’. Escrito por Sofía Bouzas Santos.
  • Originalidade: ‘Diagnose para un doutor’. Escrito por Luis Sampayo Rodríguez.

O xurado estivo composto por:

  • Raquel Giraldez, diputada de Promoción Económica y Empleo de la Diputación de Pontevedra
  • Diana Rodríguez, trabajadora social de Afaga
  • Maxi Rodríguez, psicóloga de Afaga
  • Maite Giraldez, voluntaria de Afaga
  • Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga
  • Cristina Villanueva, responsable de Comunicación de Afaga

Os relatos finalistas publicaranse no noso blogue ‘O Recuncho do Coidador’ semanalmente durante este mes e o seguinte.

Doutra banda, o resto dos relatos recibidos, e cuxos autores así o autorizaron, iranse publicando no blogue durante os meses seguintes.

Desde Afaga queremos agradecer a gran acollida que tivo este concurso e os magníficos relatos que nos chegaron.

Parabéns a todos os participantes e grazas por enviarnos todos estas fantásticas historias!

Tamén queremos dar as grazas á Deputación de Pontevedra, polo apoio que nos presta para poder realizar este certame.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 + 6 =