Marta Fernández-Tapias, Delegada da Xunta, mostra o seu apoio a AFAGA

marta fernandez tapias con juan carlos rodriguez en el centro de dia especializado en alzheimer vigo beiramar

Marta Fernández-Tapias realizou unha visita ao Centro de Día Especializado en Alzheimer Vigo-Beiramar e expresou o seu apoio a AFAGA Alzheimer, entidade encargada da súa xestión e funcionamento

Marta Fernández-Tapias, Delegada da Xunta Territorial en Vigo, visitou o Centro de Día Especializado en Alzheimer Vigo-Beiramar. Ela percorreu as distintas salas do centro acompañada por Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA Alzheimer. Durante a súa visita explicóuselle o funcionamento do centro de día e os novos proxectos que está levando a cabo a asociación encargada de xestionalo como o centro da Rúa Faisán.

A delegada tamén coñeceu ás persoas usuarias do centro e estivo falando con elas sobre a súa estancia, entre outros temas. Ao final da súa visita, Marta Fernández-Tapias mostrou o seu apoio ao Centro de Día Especializado en Alzheimer Vigo-Beiramar e a xestión realizada pola asociación AFAGA Alzheimer.

O centro de Día Vigo-Beiramar é o primeiro centro especializado en Alzheimer en Galicia e forma parte dunha rede de xestión de centros única no territorio español. Destaca pola súa innovación na intervención a persoas con Alzheimer e outras demencias, así como polos seus proxectos interxeneracionais como os contos da Gaviota Carlota e a Coral “Sonidos de la Memoria”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio