Preto de 500 persoas déronse cita o domingo, 3 de febreiro, no Auditorio do Teatro  afundación, en Vigo, para asistir á IV Gala  Soidaria ‘Non te esquezas de  reir’. E o obxectivo cumpriuse, moitas risas, grandes momentos e sonoros aplausos estiveron presentes durante as dúas horas e cuarto que durou a Gala.

O cartel non era para menos: Oswaldo  Digón como mestre de cerimonias, Marcos Pereiro, Pepo  Suevos e Federico Pérez. Todos grandes cómicos, que conseguiron facer rir sen para ao auditorio enteiro.

Foi unha tarde especial porque se reuniron familias, coidadores, tamén algunhas persoas con demencias, traballadores/as de  Afaga, representantes das administracións locais, provinciais e autonómicas e, como non, moitos espectadores que asistiron ao evento para apoiar unha boa causa á vez que pasaron unha tarde moi divertida.

Esta Gala foi posible realizala grazas á colaboración de  Afundación que cede o espazo a  Afaga e grazas á xenerosidade dos  monologuistas, que participaron nela de forma desinteresada.

Os fondos recadados destinaranse a diversos programas que desenvolve a asociación para as persoas que padecen alzhéimer e para os seus familiares e/ou coidadores/as.

Gala solidaria Afaga
Oswaldo Digón, mestre de ceremonias da gala.
Gala solidaria Afaga
Pepo Suevos nun momento da súa actuación.
Gala solidaria Afaga
Marcos Pereiro durante a gala.
Gala solidaria Afaga
Federico Pérez na gala.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 1 = 1