Unhas 200 persoas entre familiares, usuarios/ as, voluntarios/ as e traballadores/ as de Afaga reuníronse no salón de actos do Centro Cultural e Veciñal de Valladares para celebrar a Festa de Fin de Curso de Talleres 2018.

Actuacións, bailes, cancións, entrega de diplomas, risas, diversión e merenda foron os ingredientes principais. Desde Afaga Alzheimer queremos agradecer todos os apoios recibidos para poder celebrar este encontro: ao Centro Veciñal e Cultural de Valladares, que cedeu o espazo para celebrar o festival; a Xiros Matamá Danza, por amenizar a tarde cunhas actuacións marabillosas e a María Vidal, concursante do Concurso Esquinas, de Luar, que puxo o broche de ouro coa súa voz e as interpretacións que fixo de cancións moi coñecidas por todos/ as. E, por suposto, á Deputación de Pontevedra por apoiar esta iniciaitiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 1 = 6