Vigo, marzo
A escola Atlántida achega unha contribución económica a Afaga Alzheimer
- Os 1.250 euros recadados destinaranse integramente á atención terapéutica para persoas con Alzheimer ou algún outro tipo de demencia.
Os estudantes, as súas familias e o persoal do C.P.R. Multilingüe Atlántida de Vigo, como parte dunha campaña solidaria, elaborou ilustracións para facer un calendario que puxo á venda. Con isto lograron recadar fondos para investir na atención terapéutica de persoas con demencia no Centro de Atención Integral de Alzheimer e outras demencias de Vigo, que pertence a Afaga Azlheimer.
Grazas a esta campaña na que participou activamente todo o persoal do centro, estudantes e as súas familias, recadáronse 1.250 € que se destinarán integramente á atención terapéutica de persoas con demencia no Centro de Atención Integral á Demencia de Alzheimer Afaga de Vigo.
Esta iniciativa, que contou coa participación activa de todo o colexio, está entre as moitas accións de sensibilización e participación social que Afaga Alzheimer leva a cabo na comunidade, co obxectivo de dar a coñecer esta realidade e, deste xeito, interesarse en participar en actividades que inclúan este grupo espértase na comunidade.