Baixo o lema ‘Recorda quen son’, Afaga organizou diversos actos de información e sensibilización da Enfermidade de Alzheimer.

O 21 de setembro, pola mañá, tivo lugar a presentación do libro de relatos curtos ‘Nun Recuncho da Memoria’, editado por Afaga e impreso pola Deputación de Pontevedra.

Neste acto, que se celebrou na sede da Institución Provincial, participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, o deputado de Cultura, Xosé Leal, o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, o autor dun dos relatos, Urbano Barrios, e o autor do prólogo en lingua galega, Francisco Castro.

Foto de familia da presentación.

Esa mesma mañá, na zona peonil do Calvario, en Vigo, instalouse unha mesa informativa na que profesionais e voluntarios/as de Afaga informaban sobre a asociación. Ademais, unha psicóloga fixo varios test de memoria gratuítos.

Voluntarios e traballadores de Afaga ofreceron información e asesoramento aos viandantes.

Pola tarde, no Auditorio Municipal do Areal, en Vigo, tivo lugar unha conferencia moi interesante ‘O ambiente e os traumas no alzhéimer. Que nos di a investigación’. A cargo de Roberto C. Agís-Balboa, científico. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Esta charla foi presentada por José Manuel Oliveirais. Xefe do Servizo de Psiquiatría do CHUVI, que achegou tamén uns datos moi relevantes.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 + 7 =