entrega premios RIES21

  • O Cluster Saúde de Galicia entregou a Afaga Alzheimer o Premio Resilencia na entrega dos Premios #RIES21.

O pasado 10 y 11 de novembro celebrouse o VI Forum RIES 2021 no Balneario de Mondariz, Pontevedra. Un punto de encontro para reflexionar e coñecer máis sobre o ecosistema de saúde galego organizado polo Cluster Saúde de Galicia.

Na gala de entrega dos Premios #RIES21 a asociación Afaga Alzheimer foi o primeiro socio do GSG en recibir o Premio Resilencia. Un galardón que recoñece o traballo das familias e persoas con demencia a través dos recursos que deu Afaga Alzheimer. O premio foi recollido por Juan Carlos Rodríguez, presidente da asociación.

Dende Afaga Alzheimer queremos dar as grazas ao Cluster Saúde Galicia por este recoñecemento. A pesar da pandemia e este futuro a veces tan incerto, nós seguiremos ahí. Axudando e loitando por mellorar a calidade de vida das persoas con demencia e os seus familiares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 8 = 11