Como todos os anos, desde AFAGA Alzhéimer queremos agradecer a participación de todas as persoas que nos enviaron os seus relatos. Algúns trataban sobre demencias, outros sobre a situación de confinamento que vivimos, e moitos fusionando ambos os conceptos, pero todos cunha gran calidade e humanidade. Con todo, hai que seleccionar un gañador e uns finalistas e aquí están os resultados:
Os membros do xurado do VI Concurso de Relatos Curtos sobre Alzhéimer ‘Nun recuncho da memoria’ acordaron que a obra gañadora na categoría castelán é: ‘Memorias para oler’, escrito por Valeria Rey Maldonado. E o relato gañador na categoría galego é ‘Avoíño’, escrito por Javier García Bello.
Ademais, hai tres relatos finalistas; nesta ocasión, na categoría castelán:
- Emotividade: ‘Viaje a una vida’. Escrito por María José Segovia Román.
- Estilo: ‘Memorandum’. Escrito por José Antonio Pino Varens.
- Orixinalidade: ‘Un cuento para Olivia’. Escrito por José Francisco Domínguez Torres.
Doutra banda, os finalistas na categoría galego son:
- Emotividade: ‘A loita dun valiente contra a escuridade’. Escrito por Lucía Crespo Pensado.
- Estilo: ‘Maruxa e o silencio da soidade’. Escrito por Sofía Bouzas Santos.
- Orixinalidade: ‘Diagnose para un doutor’. Escrito por Luis Sampayo Rodríguez.
O xurado estivo composto por:
- Raquel Giraldez, deputada de Promoción Económica e Emprego da Diputación de Pontevedra
- Diana Rodríguez, traballadora social de AFAGA
- Maxi Rodríguez, psicóloga de AFAGA
- Maite Giraldez, voluntaria de AFAGA
- Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA
- Cristina Villanueva, responsable de Comunicación de AFAGA
Os relatos finalistas publicaranse no noso blog ‘O Recuncho do Coidador’ semanalmente durante este mes e o seguinte.
Doutra banda, o resto dos relatos recibidos, e cuxos autores así o autorizaron, iranse publicando no blog durante os meses seguintes.
Desde AFAGA queremos agradecer a gran acollida que tivo este concurso e os magníficos relatos que nos chegaron.
Parabéns a todos os participantes e grazas por enviarnos todos estas fantásticas historias!
Tamén queremos dar as grazas á Deputación de Pontevedra, polo apoio que nos presta para poder realizar este certame.