Polo Día do Coidador (5 de novembro) dende Afaga Alzheimer queremos reivindicar o recoñocemento á dedicación a tempo completo das persoas coidadoras todo os días do ano, hoxe, especialmente.
Redactamos un manifesto que comprende os seguintes puntos:
1. Recoñocemento do valor e riqueza social que nos achegan as persoas coidadoras familiares.
2. Abrazar emocionalmente as persoas coidadoras (escoitalas, preguntarlles, ofrecerlles axuda).
3. Fomentar medidas de conciliación e corresponsabilidade social nos coidados.
4. Recuperar o sentido de comunidade no acompañamento das persoas.
5. Reivindicar o aumento dos recursos públicos de apoio.