Demencia Frontotemporal

Trátase dun síndrome neurodexenerativo moi amplo. Dentro do mismo pódense encontrar dúas grandes variantes: unha variante condutual, que cursa con trastornos de conduta e unha clara afectación das funcións executivas e unha variante que afecta principalmente ó lenguaxe en estadios iniciais, chamada Afasia progresiva primaria.

1.- Variante conductual

É a forma máis común de DFT. Denominada tamén Enfermidade de Pick ou dexeneración frontotemporal (denominacións menos frecuentes e en desuso). Adoita afectar a persoas máis mozas (menores de 65 años) en comparación con outros tipos de demencia. As persoas que padecen esta variante adoitan ser mal diagnosticadas con Trastornos Psiquiátricos ou outras Enfermidades Neurolóxicas debido ós cambios na conduta  e na personalidade que se  producen nas fases inicias.

A afectación das funcións executivas (capacidade de planificación, organización, razonamento lóxico, inhibición condutual, toma de decisións e capacidade de xuicio) é a característica principal nos estadios iniciais. A diferenza de outros tipos de demencia, como a Demencia tipo Alzheimer a memoria e as capacidades visoespaciais non adoitan verse demasiado comprometidas ata estadios avanzados da enfermidade.

A continuación, expoñense, algúns dos síntomas máis característicos e frecuentes de esta variante condutual:

  • Desinhibición:

Trátase dunha disminución ou pérdida da capacidade para adecuar o comportamento ás diferentes normas ou preceptos sociais, o que provoca en ocasións comportamentos socialmente inadecuados e certa impulsividade. Algúns exemplos de este tipo de conductas poden ser:

– Realizar comentarios inusuais, groseros ou ofensivos cara a outras persoas.

– Pequenos furtos en tendas.

– Realizar compras de maneira impulsiva e imprudente.

– Episodios de irritabilidade e/ou agresividade.

– Comportamentos sexuais inadecuados

  • Apatía:

Falta de interés ou indiferencia cara a actividades importantes ou significativas para a persoa. Pódese dar, por exemplo, unha pérdida de interés cara o traballo, aficións ou relacións personais. Pérdese a iniciativa para realizar estas e outras accións podendo chegar a repercutir incluso no autocoidado (p. ex. hixiene persoal).

  • Comportamentos compulsivos ou ritualistas:

Trátase de comportamentos ou rutinas condutuais que se realizan de forma reiterada e son pouco susceptibles ó cambio. Estas poden incluir, repetir frases ou palabras, releer o mismo libro unha e outra vez, etc.

  • Disminución da empatía:

Adoita aparecer unha pérdida da capacidade de poñerse no lugar dos demáis, o que conleva, en ocasións, unha incapacidade de reconoñecer os sentimentos dos seres queridos. Tamén acostuman darlle unha menor sensibilidad, falta de preocupación ou indiferencia ante acontecimentos ou eventos importantes (por exemplo, o falecemento dun familiar).

  • Cambios na alimentación:

Poden aparecer cambios na alimentación, tanto na cantidade de comida e bebida que se inxire, como nas preferencias dietéticas. Así ben, poden darse atracóns, consumo excesivo de auga ou alcohol, antoxo de alimentos con un índice glucémico elevado, intentos de consumir obxetos non comestibles, etc.

  • Deterioro das funcións executivas:

As funcións executivas, son as que nos permiten ser flexibles no noso día a día e abarcan diferentes habilidades como a capacidade de planificación e organización, a toma de decisións, etc. Nas persoas con DFT, adoitan estar afectadas, o que implica que moitas veces aparezan dificultades na súa vida diaria. Algúns exemplos frecuentes son:

– Dificultade para planificar diferentes actividades da vida diaria.

– Decisións económicas ou financieiras cuestionables.

– Erros no posto de traballo.

  • Inestabilidade emocional:

Poden darse cambios de humor máis frecuentes e intensos en comparación cos presentados pola persoa antes da enfermidade.

  • Anosognosia:

As persoas con DFT non adoitan ser conscientes dos cambios mencionados.

Como consecuencia disto, poden presentar respostas de rexeitamento cara comportamentos compensatorios por parte de distintas persoas do seu entorno, por exemplo, poden culpar ó seu xefe da perda do seu traballo ou poden mostrar ira ou enfado ante o ofrecemento de axuda para afrontar as limitacións derivadas da enfermidade, por parte dos familiares ou amigos.

2.- Afasia progresiva primaria

A Afasia Progresiva Primaria (APP), está caracterizada principalmente por unha pérdida gradual da habilidade de falar, ler, escribir e entender o que outros din. Estos problemas co lenguaxe adoitan darse de manera aislada, sin estar acompañados de dificultades ou déficits en outras funcións cognitivas (memoria, atención, praxias, etc.).

A Afasia Progresiva Primaria subdivídese a súa vez en tres subtipos clínicos en función de qué aspecto do lenguaxe esté principalmente afectado:

  • Variante non fluente: As persoas que padecen esta variante presentan dificultades para falar cada vez maiores, sin embargo, seguen recordando o significado das palabras e frases.
  • Variante semántica: A característica principal deste subtipo é a pérdida progresiva do significado das palabras. Teñen problemas para comprender o lenguaxe, con todo, conservan un discurso fluido, pero este é vago e difícil de comprender debido a que omiten o sustituen moitas palabras.
  • Variante logopénica: dificultades para encontrar palabras cando están falando. Como consecuencia de isto, tenden a falar lentamente e con continuas vacilacións mentras tratan de buscar a palabra ou palabras coas cales queren expresarse.