Demencias

A demencia é unha síndrome (conxunto de signos e síntomas) de orixe orgánica, de curso crónico e irreversible que se manifesta nunha perda progresiva das capacidades cognitivas (aquelas que nos axudan a procesar, interpretar e reaccionar de forma adecuada aos estímulos tanto propios como da contorna) tales como a atención, memoria, linguaxe, funcións executivas….Tales alteracións repercuten negativamente no funcionamento da vida cotiá da persoa con respecto ao nivel previo.

Tipos de demencias:

  1. Alzhéimer
  2. Demencia Frontotemporal (DFT)
    • Variante conductual
    • Afasia progresiva primaria
  3. Demencia por Cuerpos de Lewy
  4. Demencia Vascular

5 sinais de advertencia para pensar en demencia:

1.- Dificultade no pensamento abstracto ou capacidade de xuizo: Na vida diaria isto adoita traducirse en dificultades co manexo de asuntos económicos ou en incapacidade para dar unha resposta adecuada ante unha situación nova ou inesperada.

2.- Perda de obxectos: Acostuma deberse a problemas de atención máis que de memoria, este é un síntoma moi común na población normal e na depresión, polo que a súa aparición debe interpretarse con precaución; debe considerarse patolóxico cando os obxectos foron gardados en lugares extraños ou cando é moi frecuente e ten repercusión na súa vida diaria (por exemplo perder a cartera ou as chaves reiteradamente).

3.- Cambio de carácter ou alteracións do comportamento: A irritabilidade e a obstinación son os dous trazos máis típicos en fases iniciais; en ocasións obsérvanse cambios de humor repentinos sen causa aparente.

4.- Cambio de personalidade: A persoa pode volverse excesivamente suspicaz, confuso, temeroso e dependente dun familiar (habitualmente o cónxuxe).

5.- Perda de iniciativa: O paciente perde interese polas súas ocupacións habituais e evita o contacto social.