Os relatos “La costura suelta”, de Jose Luis Cabañas Cabañas, e “O último que sabía o nome do gato”, de María Dolores Veiga Rial, resultaron gañadores do XII Certame Literario de Relato Curto “Nun recuncho da Memoria” 2026, nas categorías de castelán e galego, respectivamente. Os textos gañadores conquistaron ao xurado pola linguaxe e o estilo utilizados.
Nesta edición, en AFAGA buscamos poñer o foco nas emocións, experiencias e no proceso do dó anticipado que sofren día a día as familias e amizades de pacientes con Alzheimer e outras demencias.
Desde AFAGA queremos agradecer e celebrar a gran acollida que tivo o concurso, no que recibimos magníficos e extraordinarios relatos de gran calidade. Parabéns a todas as persoas premiadas e participantes!
A entrega de galardóns terá lugar el próximo 21 de setembro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo ás 12pm.
Accede desde aquí aos relatos completos:


