- O Club Baloncesto Nigrán organizou a VI edición del Torneo Basket Sen Barreiras. Os fondos recaudados, grazas aos donativos dos participantes, foron destinados á asociación AFAGA Alzheimer.
Os días 11 y 12 de abril, celebrouse a VI edición del Torneo de Basket Sen Barreiras organizada polo Club de Baloncesto de Nigrán. Cerca de 400 nenos e nenas e máis de 30 equipos pasaron durante dos días polo Pavillón de Panxón para xogar ao baloncesto e mostrar o seu lado máis solidario aportando un donativo a AFAGA Alzheimer.
As xornadas da mañá serviron como xornadas de convivencia a través do xogo entre as persoas usuarias de AFAGA, usuarios do Centro Juan María e os xogadores e xogadoras das categorías infantil, cadete e junior do CB Nigrán.
Cada xogador/a participante realizou un donativo para colaborar con AFAGA que foi depositado nunha urna e que se encontrou no pavillón durante os dous días do torneo. Todas as familias dos xogadores, así como o resto de persoas asistentes, tamén colaboraron con este fin solidario aportando o seu propio donativo. Ademáis, durante os dous días de competición se realizaron sorteos de diferentes regalos entre os asistentes e todo o recaudado coa venta das rifas se aportó tamén a esta urna.
Á entrega de medallas asistiron o alcalde de Nigrán, Juan González, o concelleiro de deportes, Luis Sanromán, así como o presidente de AFAGA Juan Carlos Rodríguez, ao que se lle fixo unha entrega simbólica de todo o recaudado durante o torneo.
Dende a asociación damos as grazas ao Club de Baloncesto Nigrán por organizar esta iniciativa solidaria e permitirnos colaborar con eles para esta ocasión tan especial. Desexamos que os próximos torneos que organicen sexan tan exitosos como este. Tamén agradecemos ao Concello de Nigrán o apoio brindado na organización de este torneo