En España os maiores de 55 anos acaparan o 66% da riqueza do país e son xeralmente ignorados
O idadismo, a discriminación por motivos de idade, afecta de maneira especial ás persoas maiores debido aos estereotipos e prexuízos que se estenden sobre elas. Pero non son as únicas afectadas, a sociedade en xeral perde por mor desta discriminación. Por exemplo, en termos económicos.
Na recente reunión do movemento iberoamericano contra o edadismo ‘Stop Idadismo’, do que AFAGA forma parte, o tema central foi como afecta esta discriminación á economía dun país. Os datos desmenten que os maiores sexan só un colectivo que crea ‘necesidades’, ao contrario, achegan moito máis do que xeralmente se pensa:
“En España os séniors acaparan o 66% da riqueza” Ana Bedia de ’65yMás’
“A contribución das persoas maiores ao PIB de España é superior ao 30%”, cóntanos Irene Lebrusán de CENIE
Institucións públicas e privadas esquecen ás persoas de máis de 55 anos, ignóranas e, con iso, pérdense grandes oportunidades
As empresas, por partida dobre:
- non os teñen en conta como consumidores e dirixen as súas campañas a xente máis nova e, presumiblemente, máis ligada a novas tendencias e tecnoloxía
- non contan con eles como prosumidores. Pérdense os coñecementos e experiencia que estas xeracións máis avanzadas poden achegar á hora de desenvolver produtos ou servizos que ademais eles mesmos van consumir
No ámbito público está claro que frear o idadismo non só freará tamén moitas das patoloxías ligadas a esta discriminación. Tamén engadirá máis axentes activos na participación cidadá a todos os niveis. Evitarase un imperdoable desperdicio de talento.
Esta situación repítese nos 11 países iberoamericanos adscritos ao movemento ‘Stop Idadismo’, afectando con especial relevancia aos sistemas familiar e de saúde.
En AFAGA loitamos activamente contra esta discriminación por idade
Creamos, xunto á Universidade de Vigo, a primeira Cátedra de Idadismo de España, que aborda o idadismo desde distintos puntos de vista.
Damos especial importancia á comunicación, a concienciar sobre esta problemática, a cambiar a concepción de que as persoas maiores xa concluíron a súa traxectoria vital.
Queremos cambiar a mirada, e conseguilo grazas a un labor interxeracional. Tal e como conta o noso presidente, Juan Carlos Rodríguez:
Aquí podes ver o vídeo completo desta reunión:
O movemento ‘Stop Idadismo’ elaborou unha completa Guía de Boas Prácticas contra o Idadismo que detallaremos na nosa web e redes sociais.
Cales son as túas impresións sobre o idadismo? Afectouche directamente? En que ámbitos consideras que prexudica máis?
Encantaranos lerche nos comentarios 😊👇