Visita dos usuarios do Centro de Día Vigo-Beiramar a Martínez Garrido

visita usuarios de beiramar 1
  • Vinte e tres usuarios do Centro de Día Vigo-Beiramar visitaron o Centro Integral de Martínez Garrido para ter unha mañá de ocio con bailes e xogos.

A mañana do 26 de agosto estivo de visita un grupo de usuarios do Centro de Día de Vigo-Beiramar no Centro Integral de Martínez Garrido. Acompañados polas traballadoras do propio centro, gozaron de varias actividades organizadas especialmente para eles.

Empezaron cuns cantos bailes ao son da música para logo facer unha pausa para o café. O resto da mañá divertíronse con xogos como a chave, a ra e a petanca. Actividades físicas non só beneficiosas para a súa saúde, tamén para fomentar a socialización entre eles e que pasen un bo rato na mellor compañía.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio