Visita Alzheimer Portugal
José Carreira, presidente de Alzheimer Portugal visitou, o pasado venres, o centro de Atención integral de Afaga. Os principais obxectivos deste encontro foron coñecer de preto a metodoloxía de traballo da asociación, compartir experiencias, e establecer sinerxias que poidan derivar en novos proxectos de actuación conxuntos.
Visita Alzheimer Portugal
Visita Alzheimer Portugal
José Carreira participou tamén nas XVI Xornadas Interdisciplinares da Federación Alzheimer Galicia (Fagal), que se celebraron o sábado, 9 de xuño, en Santiago de Compostela. Un evento ao que acudimos profesionais de todas as asociacións de alzhéimer de Galicia. O presidente da entidade portuguesa realizou unha interesante aproximación á situación das demencias en Portugal, así como a metodoloxía de traballo de Alzheimer Portugal.
Visita Alzheimer Portugal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

9 + 1 =