Concurso relatos alzheimer

Un ano máis,  Afaga presenta o certame de relatos curtos sobre alzhéimer e outras demencias ‘Nun Recuncho da Memoria’ que, nesta ocasión chega á sexta  edición.

O concurso diríxese a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades  neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Debido a  a especial situación na que nos atopamos, nesta ocasión, a temática abordará o tema do envellecemento e o illamento; a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias, como patoloxías que illan a quen as padece; ou as relacións sociais e familiares na crise actual que estamos a vivir.

Os relatos poden estar escritos en lingua castelá ou en lingua galega, hai un premio para cada convocatoria.

O prazo de presentación dos relatos finalizará o 15 de maio de 2020.

A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.

O premio consiste nunha  tablet  Samsung  Galaxy, un  Smartwatch ou un  eBook (o gañador/para escollerá unha das tres opcións).

Pica aquí para ler as bases do concurso

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

47 − 45 =