A fisioterapia é definida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como “a arte e a ciencia do tratamento por medio do exercicio terapéutico, calor, frío, luz, auga, masaxe e electricidade. Inclúe probas diagnósticas e manuais para determinar o valor da afectación e forza muscular, probas para determinar as capacidades funcionais, a amplitude de movemento articular e medidas da capacidade vital, así como axudas diagnósticas para o control da evolución”.

Entendendo a vida como movemento, neste apartado fanse recomendacións xerais para coidadores, baseadas en coñecementos adquiridos da propia formación recibida, da experiencia persoal e da consulta de autores de actualidade.
Temos que ter sempre en conta que as recomendacións médicas son prioritarias, así como a opinión dos profesionais da saúde aos que acudan, xa que este non deixa de ser un medio virtual, no que non é viable valorar “in situ” nin ó coidador nin a persoa receptora deses coidados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 1 = 8