Un centenar de coidadores, familiares e traballadores de  Afaga participaron na  andaina do Día do Coidador, un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa ‘O teu Xacobeo’.

Eran as 11 da mañá en Valença cando o grupo partiu rumbo a Tui, polo Camiño portugués, formando unha onda verde solidaria e comprometida coas persoas que teñen alzhéimer e as súas familias.

A saída, que tivo lugar diante da Cámara Municipal de Valença, contou coa presenza do presidente da Camara, Manuel Lopes,  a Vereadora Elisabete Domingues, o alcade de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais de Tui, e a traballadora social do Concello, Carmen González. Estes dous últimos, Ismael Diz e Carmen González, participaron na andaina.

Neste acto de benvida, Juan Carlos Rodríguez, en nome de Afaga, entregou unha placa de agradecemento á cámara de Valença.

Ao mediodía, a onda verde chegaba á praza do Concello de Tui onde foron recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro. Alí, Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, fixo entrega ao edil dunha placa de agradecemento polo compromiso que sempre mostrou o Concello de tui coa asociación. A continuación leuse o ‘Manifesto do coidador’. O grupo ‘Arume de Malvas’ amenizou este encontro.

Despois, tivo lugar unha comida no Seminario Menor de San Pelayo e logo unha visita á catedral.

Foi unha xornada solidaria coas persoas que teñen alzhéimer e as súas familias á vez que serviu de relax e descanso para os coidadores.

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 5 = 1