Carlos Spuch, Doutor en Neurociencias e investigador do IIS Galicia Sur, inaugurou a XVI edición das Xornadas Profesionais de Afaga, que tiveron lugar na Sede de Afundación en Vigo.
Spuch impartiu o relatorio ‘Actualización en diagnóstico e patróns diana na investigación das demencias’. Nesta charla analizou cuestións tan importantes como a necesidade urxente de diagnósticos correctos.

“Isto vainos a permitir facer dúas cousas, –explicou Spuch- por unha banda, se identificamos a esta poboación que ten a enfermidade, pero aínda non ten dano cerebral grave poderán ter altas probabilidades de que fármacos experimentais poidan funcionar (un cerebro que está nos primeiros estadíos ten mecanismos propios que lle permiten recuperarse e rexenerarse). E, doutra banda, o diagnóstico cedo permitiría modificar os nosos hábitos de vida cara a uns máis saudables que permitirían atrasar a enfermidade e, por que non, detela se se intervén a tempo”.

Xornadas
Apertura das Xornadas.

Ademais disto, as xornadas abordaron outras cuestións como o desenvolvemento de programas de Educación Emocional dirixidos a coidadores, o proceso do duelo, ou a importancia do voluntariado nas intervencións e traballo con colectivos vulnerables.

Por último, a conferencia de clausura levaba por título: Percepción da dor en persoas con alteracións cognitivas’, un tema igual de interesante que controvertido.

Clausura das Xornadas Profesionais.
Xornadas
Asistentes as Xornadas.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 3 = 5