Durante a Semana da Solidariedade, o CEIP Nº1 de Tui pediunos realizar unha actividade cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do centro. Alí estivemos e realizamos un taller de sensibilización sobre a enfermidade de alzhéimer. Os alumnos estiveron moi atentos, receptivos e interesados nas actividades que realizamos.
Falamos sobre alzhéimer (que é, síntomas, como previr ou atrasar a súa aparición, como axudar aos avós se teñen descoidos,…)
Despois lemos o libro ‘A miña avoa non se acorda do meu nome’, de Rodolfo Esteban e Mai Egurza.
E, por último, os alumnos/as escribiron nun post-it ideas do que poden facer se os seus avós/as empezan a ter esquecementos, e todas esas marabillosas ideas colgáronas na árbore da memoria.
A xornada foi moi positiva e unha experiencia moi bonita.