Recentemente, puxemos en marcha un taller de fisioterapia para persoas con Alzheimer en fase leve ou moderada.

Os principais obxectivos desta actividade son:

  • Procurar que o paciente manteña, o máximo tempo posible, unha calidade de vida independente, saudable e fisicamente activa, pero controlada.
  • Retardar a evolución da enfermidade, potenciando un bo funcionamento do aparello locomotor, sistema cardio-respiratorio e as capacidades psicomotrices.
  • Previr problemas asociados á evolución da demencia: obstrucións respiratorias, inmobilidade articular, úlceras por encamamiento prolongado ou posicións mantidas. Orientar a familiares e/ou coidadores sobre aspectos sanitarios, así como prevención de lesións producidas polo manexo destes pacientes.

Vanessa López Miguens, fisioterapeuta de Afaga, é a responsable deste taller, que se desenvolve un día á semana, os mércores pola tarde.

Antes de comezar a primeira sesión, realízase unha valoración fisioterapéutica das persoas que queren participar no taller, para determinar se son aptos para estas actividades, e se serán beneficiosas para eles.