AFAGA O teu carón – Sesión de acollida (07/02/2022)

foto sesion de acogida 08 noviembre 2021 1024x768
  • AFAGA Alzheimer realizará unha sesión de acollida dirixida a persoas coidadoras e familias.

Esta é una actividade gratuita dirixida, principalmente, a persoas non socias de AFAGA que desexan coñecernos como asociación e informarse dos servizos que ofrecemos (obradoiros de estimulación, apoio psicolóxico, atención social, servizos de atención ao domicilio, etc…)

A sesión de acollida se levará a cabo o 7 de febreiro (luns) ás 17:00 no Centro Integral de Atención ás Demencias (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior, Vigo). A encargada de impartila nesta ocasión será Marina Requejo Román, Traballadora social en AFAGA Alzheimer.

afaga o teu caron sesions de acollida instagram 7 febreiro 1024x1024

Pode apuntarse a esta actividade ou outras que se encontran dentro do noso programa de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com. A continuación, deixamos o cartel co programa completo dende xaneiro a xuño de 2022.

actividades socioeducativas y terapeuticas para familias 202122 gallego actualizado 1024x724

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio