Na enfermidade de Alzheimer, así como no caso doutras demencias, poden aparecer síntomas de deterioración da capacidade motora. En resposta a esta problemática, Afaga Alzheimer ofrece un servizo de Fisioterapia no Domicilio a través do cal pretendemos traballar a redución progresiva da mobilidade e os síntomas asociados, como a rixidez, a anquilose ou o risco de caídas, entre outras doenzas. Ao mesmo tempo, o profesional en fisioterapia proporciona aos familiares e/ou coidadores/as coñecementos prácticos que lles permitan realizar exercicios coa persoa con demencia sen que isto supoña un risco para ambos.
Cando a familia e/ou coidador/a detecta unha necesidade a nivel físico da persoa con demencia, sería conveniente que se puxese en contacto coa nosa asociación. Afaga Alzheimer realizará unha valoración por parte do/a profesional fisioterapeuta e a educadora social para, a continuación, iniciar a prestación do servizo.
As sesións de fisioterapia realízanse unha vez á semana cunha duración concreta de 45 minutos no domicilio da persoa afectada, co obxectivo final de aliviar as molestias físicas asociadas á deterioración da capacidade motora e reducir os síntomas, prolongando así a autonomía e a calidade de vida da persoa.
Máis información:
- Teléfono: 986 22 97 97
- E-mail: fisioterapia@afaga.com
- Persoa de contacto: Lorena Costas