O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzhéimer, que este ano conmemoramos co lema ‘Recorda quen son’.
Con esta frase queremos poñer o acento tanto nas persoas que sofren alzhéimer ou outra enfermidade neurodegenerativa, como nos seus coidadores/as e familiares, que teñen que enfrontarse día a día a esta realidade.
E para celebrar esta data tan sinalada, desde Afaga organizamos varios actos:

  • 9 de setembro: Excursión á Illa San Simón. Dirixida a traballadores de Afaga e aos usuarios de talleres e aos seus familiares.
  • 16 de setembro: Andaina Solidaria ao Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Organizada pola Federación Alzheimer Galicia e na que participamos todas as asociacións de familiares de Galicia.
  • 21 de setembro: Conferencia
    • ‘O ambiente e os traumas no alzhéimer, que nos di a investigación’
      • Relator: Carlos R. Agís-Balboa. Científico. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur – IISGS
      • Presenta: José Manuel Olivares. Xefe do Servizo de Psiquiatría do CHUVI (EOXI-Vigo)
      • Hora: 19,30 horas. Lugar: Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado). Rúa Areal, 46. Vigo.
  • 21 de septiembre: Mesas informativas na zona peonil do Calvario (Vigo)
    • Una psicóloga realizará test de memoria gratuítos
    • Dende las 10.30 hasta las 14.00 horas
  • 21 de septiembre: Presentación do libro de relatos curtos sobre alzhéimer ‘Nun Recuncho da Memoria’
    • Trátase dunha recompilación dos mellores relatos sobre alzhéimer que participaron no concurso de relatos
    • Os libros venderanse a través da web www.afaga.com ou nos nosos centros
    • Lugar da presentación: Deputación Provincial de Pontevedra
  • 22 se setembro: Terceiro reto #Reta3 Muévete por el alzheimer
    • Daniel Fernández realizará o terceiro e último reto de 2017: percorrer en bicicleta o Sur da provincia de Pontevedra, pasadno polas localidades onde Afaga ten centros ou imparte talleres de estimulación cognitiva ou motriz.
      • Sairá de Vigo e pasará polo Porriño, Mos, Tui, Salceda de Caselas, Nigrán, Ponteareas e finalizará de novo en Vigo. Está previsto que percorra ao redor de 200 quilómetros, unhas 14 horas en bicicleta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 2 = 7