‘Re-cordis, volver pasar polo corazón’, escrito por María Teresa Camacho Ferreiro, resultou gañador no Segundo Concurso de Relato Curto sobre Alzheimer ‘Nun Recuncho da Memoria’.

Re-cordis, volver a pasar por el corazon

Ademais deste relato, o xurado elixiu tres finalistas:

  • Á Emotividade: ‘En Mans do Esquecemento’, de Celia Gámez Fernández.
  • Á Orixinalidade: ‘Carta do Máis aló’, de Alberto Díez Domínguez.
  • Ao Estilo: ‘Admirarche’, de Unai Graza Eizaguirre.

Por último, o xurado fixo mención especial ao relato ‘Raginoe Russian’, de María Gafo Gómez Zamalloa; e ‘O brillo da túa mirada’, de Ramón Ruipérez Gumiel.

O xurado estivo composto por: Remigio Rodríguez, vogal da Xunta Directiva de Afaga; Raquel Giráldez, Tenente Alcalde do Concello de Nigrán; Maxi Rodríguez, psicóloga de Afaga; Cristina Villanueva, responsable de Comunicación de Afaga e Pedro Vaqueiro Marcos, gañador do I Concurso de Relato Curto.

Recibíronse un total de 260 relatos, entre os que hai historias con moita calidade na escrituta, emotividade e orixinalidade. É destacable, novamente, o dato de que nos chegaron traballos de varios países de Europa, América Latina, Centroamérica e Norteamérica.
Os relatos recibidos, e cuxos autores así o autorizaron, iranse publicando quincenalmente no blogue, O Recuncho do Coidador.
Desde Afaga queremos agradecer a gran acollida que tivo este concurso e os magníficos relatos que nos chegaron. Parabén a todos os participantes!

3 thoughts on “‘Re-cordis’, gañador do II Concurso de Relato Curto”

  1. Enhorabuena a las ganador@s !!!!
    También a AFAGA Vigo !!!
    Y muchas gracias x publicar todos los relatos de los demás participantes.
    Además de estar atentos a la web donde van a publicarse, ¿ no habrá un modo de ser avisados cuando publiquen el de cada interesado ?
    Muchas gracias !!!
    Buen fin de semana !!!
    anagun

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

82 − 76 =