O relato ‘Quiero volar’, escrito por Sonia González Domínguez, baixo o pseudónimo Alexandra Deep, resultou gañador da terceira edición do Concurso de Relato Curto sobre Alzheimer ‘Nun Recuncho da Memoria’, na categoría lingua castelá. Unha bonita historia, triste pero doce, amable,… cun final que sorprende.

Pola súa banda, o relato ‘O home que se esvaecía’, escrito por Urbano Barrios Santamaría, foi o gañador na categoría de lingua galega. Precioso, moi literario, impactante.

Ademais deste relato, o xurado elixiu tres finalistas:

  • Emotividade: ‘El valor de su mirada’, de Irene María García Durán.
  • Orixinalidade: ‘Sabes lo que estoy buscando’, de María Eréndida Alfaro Tabares.
  • Estilo: ‘Otoño’, de Rodrigo Beltrán Galdo.

 

O xurado estivo composto por: Aida Iglesias, Secretaria da Xunta Directiva de Afaga; Raquel Giráldez, Teniente Alcalde do Concello de Nigrán; Sara Fernández, psicóloga de Afaga; Diana Rodríguez, traballadora social de Afaga e Cristina Villanueva, responsable de Comunicación de Afaga.

Entre os relatos recibidos hai historias moi bonitas, emotivas e moi ben escritas. Novamente, a calidade, emotividade e orixinalidade foi a nota predomintante, polo que a decisión final foi complicada.
Os relatos recibidos, e cuxos autores así o autorizaron, iranse publicando quincenalmente no blogue, O Recuncho do Coidador. En primeiro lugar, publicaranse os finalistas, e logo iranse publicando o resto.
Desde Afaga queremos agradecer a gran acollida que tivo este concurso e os magníficos relatos que nos chegaron.

Parabéns a todos os participantes!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 2 = 2