Chámase axudas técnicas ou produtos de apoio a todos aqueles produtos, instrumentos, equipos ou sistemas técnicos utilizados por unha persoa con mobilidade reducida, fabricados especialmente para previr, compensar, mitigar ou neutralizar unha deficiencia ou minusvalía.
Cabe engadir que tamén as utilizan as persoas maiores, que recorren, ás veces, a elas para poder manter o seu nivel de autonomía, realizando por si mesmas actividades da vida cotiá.

Son axudas técnicas tanto unha cadeira de rodas ou un coche adaptado coma os teléfonos especiais para persoas xordas, ou determinados utensilios de cociña para persoas con pouca mobilidade nas mans.
En España, hai ao redor de 400 empresas adicadas á fabricación e venda de tecnoloxía para discapacitados, pero mais do 70% dos produtos que utilizan os españois que os precisan, son importados. Estados Unidos é o país que domina o mercado destes produtos, polo momento.

A Comisión Europea formulouse como obxectivo evitar que o mercado europeo de Axudas Técnicas, cuns 100 millóns de clientes potenciais de tecnoloxía da rehabilitación (o 12% da poboación aproximadamente) dependa da industria americana; por iso, puxo en marcha algúns programas para impulsar as empresas que se adican a isto.

En España, por iniciativa do IMSERSO, dentro do “Plan Nacional de I+D”, estase a desenvolverPITER, Proxecto Integrado en Tecnoloxía da Rehabilitación, cuxa finalidade é dar resposta ás necesidades máis urxentes de persoas con minusvalidez e maiores, para o normal desenvolvemento diario. O seu obxectivo é potenciar o desenvolvemento e aplicación de produtos e servizos orientados ao mercado, favorecendo a transferencia tecnolóxica.
No proxecto participan investigadores, industriais, universidades, asociacións de usuarios de axudas técnicas e organismos públicos que presenten un proxecto viable, segundo obxectivos científico-técnicos establecidos; entre eles, o Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas, a Fundación ONCE, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, o Plan Nacional de I+D, e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais a través do IMSERSO.
Exemplos destacados de productos de apoio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 9 = 1