imagen del proyecto

A Confederación de Asociacións de Familiares de Afectados por Alzheimer (Ceafa) puxo en marcha unha nova ferramenta online, a través da cal familiares e pacientes poderán consultar se, cando detectan fallos de memoria, estes se deben a pequenos despistes ou son signo inequívoco de Alzheimer ou algunha outra patoloxía importante que necesite dunha atención médica.

O proxecto, ao que se pode acceder a través da páxina webwww.problemasmemoria.com, ofrece dous cuestionarios online para axudar, a unha persoa que notou fallos de memoria nun familiar ou achegado, a saber se ha de acudir ao médico ou non. É dicir, a páxina axudará a saber se síntomas como un pequeno esquecemento, teñen a importancia suficiente como para que o seu familiar sexa avaliado por un médico, ao poder tratarse de Alzheimer.
Este Proxecto, promovido por CEAFA e co soporte técnico das Sociedades Científicas máis relevantes no campo da Enfermidade de Alzheimer e outras demencias, ten como obxectivo principal facilitar a detección destas patoloxías (Alzheimer) e, polo tanto, o acceso temperán ao sistema de saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

43 − = 33