Con motivo da celebración de Samaín, Afaga organizou o primeiro concurso de cabazas, realizadas e decoradas polos usuarios, con axuda dos terapeutas ocupacionais.
O Centro de Día Beiramar e o Centro de Atención Integral, ambos en Vigo, a Unidade Terapéutica de Porriño, e os centros de Mos, Tui, Nigrán e Salceda de Caselas, nos que a asociación desenvolve talleres de estimulación cognitiva e funcional, elaboraron unha cabaza de Samain, decorada libremente e con materiais moi diversos.
As orixinais cabazas están expostas no Pazo de Mos (Pontevedra) ata o 3 de novembro, e os visitantes poden votar o traballo que máis lles guste.
O centro gañador recibirá un cheque para comprar material.