Prácticamente todos os coidadores teñen o desexo de que a persoa á que coidan manteña o máximo tempo posible unha calidade de vida independente, saudable, físicamente activa, pero controlada. Pero ás veces, todo isto vese truncado polo que a OMS (Organización Mundial da Saúde) define como, “a consecuencia de calquera acontecemento que precipite ao paciente ó chan en contra da súa vontade”. Sí, a tan temida caída. E acontece máis veces das que nos imaxinamos, prodúcense unhas 37,7 millóns de caídas que requiren atención médica cada ano.

Entre as súas consecuencias máis inmediatas encóntranse a inmobilidade que á súa vez pode ocasionar úlceras, problemas circulatorios, rixidez, contracturas, problemas respiratorios e un longo etc. tamén están as psicolóxicas como a síndrome post- caída (medo a volver caer), dependencia funcional e perda de autonomía, e económicas como a institucionalización, rehabilitación, coidados extra-hospitalarios, etc.
Pero… podemos previlas? Son moitos os factores que aumentan o risco de caídas; historial de caídas, fármacos, ámbito social, sedentarismo, alteracións da visión, da percepción, patoloxías circulatorias, respiratorias…

Algúns destes factores non os podemos controlar, pero moitos outros sí, e pódennos axudar a diminuír ese rego de caídas.

¿Qué debemos evitar?

As présas, os pisos escorregadizos, calzado inadecuado (mellor se é pechado), que teñan exceso de confianza, normalmente rexeitan usar axudas técnicas e unha iluminación inadecuada.

Recomendacións:

  • Retirar obxectos que poidan molestar á hora de mobilizalo dun sitio a outro.
  • Buscar un bo asesoramento sobre axudas técnicas.
  • Utilizar mobiliario axeitado.
  • Manter unha boa hidratación, evitaranse mareos.
  • Mantemento da súa forma física.
  • Practicar algún exercicio de equilibrio e coordinación, un baile agarrados é unha boa opción. Outro exercicio podería ser estar sentados e intentar aguantar unha pelota debaixo do pé ou que a fagan rodar.
  • Uso de andadeiras, bastóns adaptados ás características da persoa, por exemplo en altura, e reeducación da marcha con asesoramento de profesionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 4 = 2