Cursos para profesionales

PICA AQUÍ PARA INSCRIBIRTE

A atención ás persoas con demencias segue sendo o gran reto da nosa sociedade, de aí a importancia de que os profesionais realicen un adecuado proceso de acompañamento tanto ás persoas diagnosticadas, así como ás súas familias. Aínda que nun primeiro momento poderiamos pensar que as demencias están ligadas únicamente a aspectos neurolóxicos, o certo é que comprende dimensións que abarcan todo o espectro do ámbito sociosanitario
O propósito desta acción formativa é brindar formación específica e especializada sobre a abordaxe multidisciplinar das demencias para o adecuado acompañamento das persoas con Alzheimer ou outras demencias, así como á súa contorna familiar.

OBXECTIVOS
Con esta acción formativa, pretendemos que o alumnado adquira e comprenda:

  • Coñecementos e habilidades precisos para comprender o proceso de envellecemento normal e patolóxico.
  • O proceso de comunicación coas persoas con demencia para poder adaptarnos ás súas particularidades.
  • Estratexias e programas de intervención cognitiva, así como as habilidades precisas para levalas á práctica.
  • Métodos e estratexias de estimulación funcional na intervención coas persoas con demencia.
  • Diversas aplicacións da fisioterapia na intervención á persoa con demencia e o seu coidador.
  • As implicacións que ten na contorna familiar o coidado dunha persoa con demencia.
  • Os aspectos afectivos e sexuais no proceso de envellecemento normal e na enfermidade de Alzheimer.
  • Os recursos sociais e de protección aplicables ás persoas con demencia e a súa contorna.

A QUEN VAI DIRIXIDO
Este curso está dirixido a profesionais do ámbito social e sanitario (auxiliares de clínica, xerocultores, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, psicólogos, médicos, traballadores sociais…) que queiran ampliar e reciclar coñecementos no ámbito das demencias, así como para todos aqueles que pretendan coñecer máis profundamente o acompañamento das persoas con demencia e a súa contorna familiar.

FORMATO
Esta acción formativa é 100% online e será impartida a través da plataforma e-learning Moodle. Así mesmo, cada módulo ten unha duración de 20 ou 30 horas lectivas (dependendo de cada un).

ACREDITACIÓNS – CFC
Esta acción formativa ten solicitada a acreditación á Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

SOLICITA INFORMACIÓN
Para obter máis información sobre contidos, prezos e descontos, contacta connosco a través do correo: formacion@afaga.com