En AFAGA entendemos a formación como un dos aspectos clave para enfocar a atención ós enfermos e enfermas de Alzheimer e outras demencias.Por un lado cando unha familia enfróntase por primeira vez cun diagnóstico de Alzheimer nun dos seus membros, necesita aprender a vivir cunha enfermidade que pode ser longa e que, seguro, será penosa de soportar.

Pero, por outro lado, tamén un profesional da saúde ou do coidado de persoas dependentes necesita coñecer as especiais características do trato a un paciente con demencia.

AFAGA organiza cursos e talleres para que a actuación duns e outros incorpore todo o coñecemento actual, froito da experiencia de moitos anos de intervención neste campo, dende 1994.

Jornadas Profesionais