• AFAGA Alzheimer organiza obradoiros prácticos para coidadores familiares de persoas con demencia dentro do seu programa de Actividades Socioeducativas e terapéuticas para Familias 2021/22. Máis información no seguinte artículo.

AFAGA Alzheimer organiza unha serie de obradoiros prácticos dirixidos a coidadores familiares e familias de persoas con demencia. Todos están programados para as dos primeiras semanas de xuño e son os seguintes:

– Obradoiro práctico: “Exercicio terapéutico para o benestar físico das persoas coidadoras”

O obxectivo é traballar exercicios prácticos para que as persoas coidadoras de familiares con demencia poidan coidar da súa saúde e o seu corpo neste rol de coidador/a.

  • Fecha: 1 de xuño de 2022
  • Horario: 17:00 a 19:00 horas
  • Lugar: Centro Integral de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior).
  • Imparte: Vanesa López Miguens (Fisioterapeuta en AFAGA Alzheimer)
  • Custe solidario: 5€ para persoas socias e 10€ para persoas non socias

INSCRICIÓN OBRIGATORIA chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com.

– Obradoiro práctico: “Activación muscular e estratexias prácticas para a movilización diaria das persoas dependentes”

O obxectivo é ensinar exercicios prácticos ás persoas coidadoras para que poidan realizar unha activación muscular e  as movilizacións e trasferencias dos seus familiares con demencia de forma óptima e segura para ambos/as.

  • Fecha: 8 de xuño de 2022
  • Horario: 17:00 a 20:00 horas
  • Lugar: Centro Integral de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior).
  • Imparte: Fisioterapeuta en AFAGA Alzheimer
  • Custe solidario: 5€ para persoas socias e 10€ para persoas non socias

INSCRICIÓN OBRIGATORIA chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 4 = 2