Acuerdo La Caixa
De izda. a derei., Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga; Gonzalo Talegón, director de Área de Negocio de CaixaBank en Vigo; e Javier Silveira, director de oficina de CaixaBank en Vigo.

Obra Social ”La Caixa” concedeu unha axuda por valor de 12.000 euros a un proxecto en Vigo destinados a fomentar a autonomía e a calidade de vida de persoas en situación de dependencia.

O programa que poñerá en marcha Afaga Alzheimer, Emponderada-MENTE, ten como principal obxectivo ofrecer unha correcta atención aos/as coidadores/as familiares, evitando así o “síndrome do coidador queimado”. Con este obxectivo, ofreceranse unha dobre atención: individual e grupal.

Por unha banda, a atención individual consistirá en citas de carácter presencial ou outras vías (telefónica, Skype, etc). E, doutra banda, desenvolveranse reunións de carácter grupal e terapéuticas, na que os/as coidadores/as poñerán en común as súas emocións, dúbidas, estratexias de coidado ao seu familiar enfermo,… Todas as sesións estarán guiados por un/unha psicólogo/a.

Ademais, planificaranse saídas de lecer e ofrecerase un servizo mediación familiar, un recurso que actualmente conta cunha gran demanda por parte das familias que chegan á asociación.

Acuerdo La Ciaxa
Gonzalo Talegón e Javier Silveira visitaron os talleres de Afaga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 4 = 1