dia contra violencia genero marin

  • O Centro de Día Terapéutico Marin é homenaxeado no acto institucional organizado polo Concello de Marín en conmemoración do 25N. Además, Afaga participó na concentración contra a violencia de xénero organizada pola asociación Érguete.

O concello de Marin organizou un acto institucional polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Patricia Ruibal de Sola, psicóloga en Afaga Alzheimer, foi a encargada de ler o manifiesto deste ano. A continuación, deixamos un fragmento no seguinte vídeo:

Despois tivo lugar a entrega da XII Edición dos Premios Lazo Violeta. Este ano o premio entregouse ao colectivo de mulleres maiores de 65 anos, con mención especial ás víctimas da violencia de Xénero. O Centro de Día Terapéutico Marin foi unha das entidades galardoadas por traballar polo benestar e a calidade de vida das persoas maiores no municipio.

Ese mesmo día tamén se celebrou unha concentración convocada pola asociación Érguete. Desplegouse un lazo violeta nun espazo ao aire de libre de Martínez Garrido. Os miembros do equipo de Afaga Alzheimer estiveron presentes durante o acto en contra da violencia de xénero.

dia contra violencia genero

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

8 + 2 =