DSC_0059

As lendas, beberaxes e tradicións da noite de San Xoán foron os elementos ao redor dos que se articulou o obradoiro de estimulación cognitiva dirixido a persoas con alzhéimer que organizaron os profesionais do Centro do Día Beiramar, xestionado por Afaga, e que se desenvolveu nos xardíns do Museo Liste.
Os usuarios de centro de día trasladáronse á leira onde elaboraron a auga de San Xoán, comunmente coñecida como ‘cacho’, realizada con diferentes herbas e plantas aromáticas, que anteriormente recolleron, e que serviu aos terapeutas para traballar reminiscencias, lembrando nomes, cheiros e uso de cada unha delas. Ademais, comentaron entre todos os diferentes rituais e tradicións que hai nesa noite máxica.

DSC_0096
A nota de orixinalidade púxoa Mariano Marcos de Abalo, autor do conxuro da Queimada, que participou nesta actividade falando do beberaxe tipico destas datas. Explicou o seu orixe, beneficios e recitou o texto do que é autor.

DSC_0068

Convenio entre Afaga e o Museo Liste
Esta iniciativa, desenvolvida conxuntamente entre o Museo Liste e Afaga Alzheimer, é o punto de partida dunha serie de actividades que se organizarán grazas a un acordo asinado entre as dúas entidades, polo que se desenvolverán diferentes talleres de estimulación cognitiva, tomando como base os diversos aspectos da cultura tradicional galega, tan ben representados no Museo Liste.

San Juan 6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

23 + = 32