Firma do acordo.

A Asociación de Familiares de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia (AFAGA) e a Fundación Siel Bleu asinaron un acordo de colaboración para mellorar a calidade de vida das persoas con demencia.

“O obxectivo deste convenio, é establecer lazos de colaboración para traballar en previr a deterioración cognitiva das persoas afectadas por esta enfermidade en fases leves. Aproveitando a nosa experiencia no día a día con este colectivo, e a experiencia da Fundación Siel Bleu coa Actividade Física Adaptada, buscamos desenvolver proxectos en conxunto en prol das persoas con demencia, ou co risco de padecela”, explica Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga.

Esta colaboración xurdiu do coñecemento que se ten hoxe en día acerca de como os programas de estimulación axudan a retardar a deterioración causada pola enfermidade. O obxectivo de ambas entidades é axudar aos pacientes para ter unha maior autonomía. “Queremos facer programas avaliables e innovadores que dean resposta a futuros problemas e dos cales podamos sacar conclusións para mostrar a eficacia dos mesmos”, destaca Juan Carlos Rodríguez.

Pola súa banda Diego Sánchez, delegado da Fundación Siel Bleu en Galicia sinala que “esta alianza permite aspectos de mellora na innovación do tratamento terapéutico, un mellor asesoramento para os familiares e, en conxunto, un salto cualitativo no enfoque medible dos resultados dos programas de actividade física. Xerando un modelo de coñecemento, de detección precoz, tratamento e acompañamento na dependencia, que fai necesaria unha intervención integral e global”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 68 = 76