Cartel Afaga 2016

O próximo 21 de setembro celébrase o Día Mundial do Alzhéimer. Este ano, escollemos un lema que fai referencia á necesidade de avanzar sempre cara adiante na consecución dos obxectivos para os que traballamos as asociacións de familiares. Por ese motivo, tanto a Federación Alzhéimer Galicia como todas as AFA´s de Galicia puxemos en marcha a campaña “Marcándolle paso ao alzhéimer”, que ten como principais reivindicacións:

  • A declaración desta doenza como prioridade de saúde pública.
  • O recoñecemento automático do 33% de discapacidade á persoa diagnosticada de alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa.
  • A posta en marcha dunha Política de Estado de Alzheimer, establecendo en Galicia unha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a todos os eidos da Administración Pública.
  • Recoñecemento público da figura do Coidador Familiar, dotándolle de recursos oportunos durante a etapa de coidado e unha vez o coidado rematou.

Esta campaña pódese seguir nas redes sociais co hashtag #MarcandoPasoAlzheimer.

Actividades de Afaga

As actividades que organizamos en Afaga para conmemorar o Día Mundial son:

ANDAINA SOLIDARIA

  • O sábado, 17 de setembro, realizaremos una andaina no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela na que participarán todas as Afa’s de Galicia
  • Saída: dende Vigo as 9,30 horas. Trasporte gratuíto
  • O percorrido é de 4,5 quilómetros. Haberá un refrixerio ao finalizar a camiñada e os actos da Memoria
  • Nesta actividade participarán compoñentes das 13 asociacións que forman parte da Federación Galega de Álzheimer, así como cidadáns anónimos que queiran achegarse e acompañarnos durante os 4 km de camiño. Ó igual que os peregrinos que chegan a diario á cidade, nós imos a realizar este último tramo do camiño para chegar ó noso lugar de peregrinación que é o Espazo da Memoria.
  • A andaina dará comezo ás 11h no Monte do Gozo, no monumento adicado a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo.
  • É necesario apuntarse en Afaga antes do 12 de setembro.
  • Teléfono: 986 22 97 97 ou no e-mail: comunicacion@afaga.com

CONFERENCIA:

  • ALZHÉIMER E ESTILO DE VIDA. PÓDESE PREVIR A ENFERMIDADE?
  • Relatores:
  • Carlos Spuch. Investigador senior. Grupo de Neuroloxía. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
  • María Pérez. Dietista-nutricionista clínica. Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia.
  • Data: xoves, 22 de setembro, as 19,30 horas.
  • Lugar: Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado). Rúa Areal, 46. Vigo. Entrada Libre

MESAS INFORMATIVAS na zona peonil do Calvario, en Vigo, o mércores, 21 de setembro dende as 10.30 ata as 14.00 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 23 = 33