hc3a1bitos-saludables

Cada vez hai máis probas de que algúns factores do estilo de vida están relacionados co desenvolvemento do alzhéimer, ou o contrario, hai factores no noso estilo de vida que poden axudar a protexernos, atrasar a aparición da enfermidade, ou mesmo, provocar que a evolución sexa lenta. Moitos deles son potencialmente modificables e inclúen o tabaquismo, a actividade física, a educación, o compromiso social, a estimulación cognitiva e a dieta. A modificación da maioría destes factores ten outras vantaxes para a saúde, aumentando os beneficios potenciais ao modificar o estilo de vida do individuo.

Este interesante artigo de Carlos Spuch, Investigador Senior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), explica as últimas  investigacións sobre as causas da enfermidade e demostra como o noso estilo de vida si inflúe na aparición de determinadas enfermidades, entre elas, as neurodegenerativas.

Non é posible evitar que apareza a enfermidade, pero si se pode atrasar a súa aparición e, sobre todo, envellecer con calidade.

Ler o artigo enteiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 + = 11