actividad asistida perros

  • Os usuarios de Afaga Alzheimer participan nunha actividade asistida con cans en conmemoración polo Día das Bibliotecas.

A biblioteca Xosé Neira Vilas, pola celebración do Día de las Bibliotecas, organizou unha actividade moi especial en colaboración con Afaga Alzheimer. Trece e Logan, dous cans terapéuticos, visitaron aos usuarios do Centro Integral Martínez Garrido para estar un rato con eles e estimular a mente. Mesmo Abel Caballero, alcalde de Vigo, pasouse a saudarnos antes de comezar.

lectura asistida perros

Iris e Imma, psicólogas de Terapia Con.tacto, estiveron cos usuarios para exercitar a memoria xunto aos seus compañeiros caninos. Eles debían coller un número das bolsitas que levaban Trece e Logan. Dependendo do número que lles tocase, cada usuario tiña que dar unha orde aos cans (sentarse, tombarse, dar a pata, etc). E para rematar poideron darlles chucherías aos animais cunha divertida búsqueda do tesouro.

perros asistida actividadterapia animales actividadactividad perros terapia

Dende Afaga Alzheimer queremos dar as grazas á biblioteca Xosé Neira Vilas e a Terapia Con.tacto por convidarnos a participar nesta actividade. E por suposto tampouco esquecémonos de Trece e Logan. Con o agarimo que lles collemos con este primeiro encontro esperamos volver a velos cedo.

Trece Logan perros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 + 6 =