Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, Afaga invitou a Ana Frank, xefa da Sección de Neurología do Hospital A Paz de Madrid para que imparta a conferencia ‘Enfermidade de Alzheimer, que aprendemos nestes anos?’

A cita é o venres, 18 de setembro, ás 19,30 no Auditorio Municipal do Arenal (antigo Rectorado), rúa Arenal, 46. Vigo. A entrada é libre.

Frank explicará en que punto están as investigacións, que sabemos sobre a enfermidade e cara a onde se dirixen os estudos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 25 = 26