En virtude dun acordo asinado coa Fundación Pasqual Maragall, Afaga ofrecerá a partir de maio grupos terapéuticos para coidadores familiares.

Estas sesións, que se impartirán en Vigo e Porriño, teñen como finalidade ofrecer ao coidador as ferramentas necesrias para atender correctamente ao seu familiar enfermo e xestionar ben as súas emocións, é dicir, aprender a facer fronte á enfermidade de Alzhéimer no día a día.

Esta intervención terapéutica grupal estará dirixida por unha psicóloga, e validada cientificamente. Organizarase en grupos de 10 coidadores non profesionais, e dividirase en 14 sesións de 90 minutos, unha por semana.

As sesións son gratuítas e o único compromiso que se pide é a asistencia ás mesmas.

Máis información, descargar o pdf.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 13 = 21